No val do Salnés, nunhas tranquilas terras bañadas polo río Umia...

Rodeados de prados, bosque e baixo a atenta mirada dos vestixios dun castro celta... atópanse os viñedos dos que nace Predestinado.

Uvas na cepa

Estes viñedos, que pertenceron ó Mosteiro de Armenteira, teñen centos de anos e alí plantáronse as variedades de caíño e albariño. Coa chegada da filoxera plantáronse variedades estranxeiras de América. Dende entón, o viñedo pasou por unha serie de cambios no seu cultivo ata que nun momento dado se realizou unha reconversión, volvendo a aquel Albariño orixinal con pequenos acios. A terra respondeu ofrecendo unha excelente produción; sen dúbida, esta era a variedade axeitada para este terreo de xisto do que brota a auga no inverno.

Na vendima de 2021

A crianza destes viñedos estivo marcada por unha forte aposta pola protección e respecto á natureza, sabendo que as xeracións vindeiras dependerán do que fagamos hoxe.

Unha filosofía de traballo na que se aplican procesos ancestrais sinxelos para o cultivo e coidado da vide que, xunto á innovación, dan como resultado colleitas excepcionais.

O uso de ataduras sen plástico e abono orgánico ou a preparación adecuada do descanso da viña ata que esperte son algúns dos exemplos do noso compromiso real co medio ambiente.

Os Viñedos - Galería de imáxenes - Imaxe: 1
Os Viñedos - Galería de imáxenes - Imaxe: 2
Os Viñedos - Galería de imáxenes - Imaxe: 3
Os Viñedos - Galería de imáxenes - Imaxe: 4