Predestinado é un Albariño Denominación de Orixe Rías Baixas.

Uvas albariñas na cepa

Este viño embotellouse no momento óptimo esperando que sexa un dos viños máis apreciados das Rías Baixas. Para completar a súa maduración, a anada de 2020 repousa 30 días na adega antes de saír ó mercado.

Unha vez adquirida unha botella de viño Albariño Predestinado, para a súa correcta conservación, recomendamos manter as botellas en posición horizontal, mantendo a cortiza completamente húmida e nun lugar fresco.

Na vendima de 2021

Coa certeza de que Predestinado é un viño Albariño que gañará co paso do tempo e para garantir o seu perfecto estado en 4, 5 ou mesmo 10 anos, coidouse ó máximo a calidade da súa cortiza, que é máis longa do habitual ademais de ter superado todos os controis de calidade da cortiza, incluído o TCA.

Predestinado é un viño Albariño perfecto para celebracións; recomendamos abrilo, deixalo respirar mentres se pon a mesa e gozalo en «boa» temperatura e compañía. Un viño que chama a manterse en boca, saboreándoo… xa que as notas ácidas típicas nos albariños non son a súa principal característica. Un viño para falar, quizais do destino, e beber pouco a pouco.

Datos técnicos

  • Variedade: 100% albariño
  • Denominación de orixe: Rías Baixas
  • Zona de producción: Lugar do Paraíso - Paradela - Portas
  • Botellas feitas: Edición limitada de 1200 botellas
  • Capacidade da botella: 75 cl.
  • Data de embotellado: Finais de agosto 2021
  • Acidez total: 6,70
  • Grao alcohólico: 12,50
  • Tempo de consumo: Excepcional nun ano, con mellora hasta 2025
  • Temperatura recomendada de consumo: 17º, recomendamos arrefrialo 4 o 5 horas antes de tomalo

Descarga la ficha técnica

O Viño - Galería de imáxenes - Imaxe: 1
O Viño - Galería de imáxenes - Imaxe: 2
O Viño - Galería de imáxenes - Imaxe: 3
O Viño - Galería de imáxenes - Imaxe: 4